Cargando resultados...
Temperaturas xélidas no interior de Galicia
Os termómetros caeron ata os -7 graos en Verín, Xinzo ou Sarria
Na cidade de Ourense rozaron aos -4 graos e -4,6 houbo en Lugo
G24.gal
14/01/2022 14:48
Xeada xeneralizadas por todo o interior de Galicia e temperaturas baixo cero, é a imaxes deste venres onde os termómetros chegaron a caer ata case os menos 7 graos, novamente en Verín.
Uníronse a esa marca de friaxe, Xinzo de Limia e Sarria. Menos 6 houbo en Cospeito ou Calvos e ata case os menos 5 caeron as temperaturas en Lugo.
Mañá as mínimas xa non serán tan baixas e o domingo agárdase que suban máis.