Noel marcha do Deportivo e xogará no Real Madrid Castela
Houbo acordo entre clubes para traspasar a un xogador que se formou na Coruña desde benxamíns
O Deportivo e o Real Madrid chegaron a un acordo para o traspaso do canteirán deportivista Noel López, quen xogará no Castela. O club coruñés atendeu á vontade do seu futbolista e accedeu a un acordo en que se pactaron diferentes variables segundo se desenvolva no futuro a súa carreira profesional.
Noel, quen xogou os seus últimos minutos co equipo coruñés ante o Albacete, defendeu a camiseta do Deportivo desde a categoría de benxamíns, onde comezou hai case unha década, logrando títulos importantes, especialmente co equipo xuvenil.
#OSNOSOS | #ANOSACANTEIRA RC Deportivo e Real Madrid acordan o traspaso de Noel López https://t.co/XihpGWXiwI Moitas grazas e moita sorte Noel! pic.twitter.com/FfO3qguhCB
— RC Deportivo (@RCDeportivo) June 26, 2022