Cargando resultados...
O Pontevedra envólvese de ilusión para poder eliminar o Tenerife
O céspede de Pasarón está moi castigado
Foto Pontevedra
G24.gal
21/12/2022 12:41
Última actualización 21/12/2022 13:00
Se unha palabra define ao Pontevedra hoxe, esa é ilusión. Logo do importante triunfo en Alxeciras, os granates buscarán dar a sorpresa contra o Tenerife sabedores de que teñen moito que gañar e pouco que perder.
Brais Abelenda: "Estamos con ilusión. A priori teñen mellores xogadores pero estamos na casa"
Ilusión propia do Nadal que podería traer un agasallo anticipado.
Antonio Fernández: "Hai que velo coa ilusión de deixar todo e pasar"
O tempo, que podería xogar máis a favor dos galegos que dos canarios, non será neste caso un aliado, ao deixar moi castigado o céspede.