Cargando resultados...
No Leyma Coruña están desbordados pola alta demanda de abonados
Xa hai preto de 7.500 reservas para seguir o equipo no seu desembarco na Liga ACB
G24.gal
07/06/2024 14:46
Última actualización 07/06/2024 14:50
Están desbordados no Leyma Coruña. Xa hai preto de 7.500 reservas para seguir o equipo no seu desembarco na Liga ACB. Esa cifra supera todas as previsións que tiñan no club laranxa e deixa ben ás claras as ganas que ten a cidade herculina para desfrutar do baloncesto de elite.
Xa non hai debate sobre onde debe disputar o Básquet Coruña os seus encontros, e será no Coliseum.
Iago Álvarez, xerente do Leyma: "Estamos abraiados, A Coruña quere bo 'basket' e, se cadra, hai que poñer un tope".
A temporada pasada, o obxectivo do club era o de superar a barreira dos 2.000 abonados. Hoxe, no último día para reservar un abono, superaron a cifra dos 7.000.