Publicador de contidos
Publicador de contidos

No Celta dan por perdido a Gabri Veiga

No Celta dan por perdido a Gabri Veiga

Mouriño: "Non queremos vender a Gabri. Pero tamén digo: vánnolo mercar. Non podemos facer absolutamente nada"

G24.gal 23/03/2023 11:51 Última actualización 23/03/2023 11:54

O presidente do Celta Carlos Mouriño dá por perdido a Gabri Veiga, a gran revelación da tempada, para o próximo curso.

O centrocampista ofensivo galego, de 20 anos, ten unha cláusula de 40 millóns de euros que non freará o interese dalgúns grandes equipos dispostos a pagar esta cantidade. Nun acto en que o Celta presentou diversas actividades para conmemorar dentro de cinco meses o Centenario do cadro vigués, Mouriño asegurou: "Non queremos vender a Gabri Veiga, pero vánnolo comprar. E aí non podemos facer nada".

O dirixente asegurou falar con coñecemento de causa:

"Coñecemos algunhas das súas ofertas, e é imposible chegar aí".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade