Publicador de contidos

Publicador de contidos

No Breogán, Lukovic aínda segue de baixa e Hollatz volveu lesionado

No Breogán, Lukovic aínda segue de baixa e Hollatz volveu lesionado

Foto @CBBreogan
G24.gal 18/11/2022 16:39 Última actualización 18/11/2022 16:42

O adestrador do Breogán, Veljko Mrsic, valorou a situación en que chega o seu equipo ao duelo ante o Granada despois do parón.

"É difícil analizar e hai que ver que pasará no partido. Tardamos moito para contar con todo o equipo porque ata o martes só tivemos a sete xogadores nos adestramentos por problemas burocráticos e outros coa súa selección. Hai equipos que volven ben e outros que lles custa máis", indicou o adestrador croata. 

"Fóra de Lugo estamos a xogar un ben baloncesto e imos á pista dun equipo que arrincou moi ben a tempada e que tivo só unha baixa neste parón e pode ser que veñan un pouco mellor que nós, pero isto non significa nada", valorou sobre o rival do domingo.

Lukovic aínda segue de baixa, aínda que este mellor pero non chegará a este partido, e Hollatz volveu lesionado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade