As Galerías Oliva de Pontevedra queren manterse como zona de tránsito entre rúas
Os comerciantes desta área temen que o proxecto de demolición dun edificio lindeiro peche a comunicación coa rúa Gutiérrez Mellado
Un sentimento común envolto de incerteza é o que predomina entre os comerciantes destas galerías de Pontevedra ante o proxecto de demolición dun dos edificios que as delimitan. A propiedade do mesmo pode pechar esta parte que comunica coa rúa Gutiérrez Mellado.
Se fose así, as galerías perderían a súa vantaxe de ser área de tránsito entre dúas rúas, pois os outros tres accesos que ten son na rúa da Oliva. A tenda de Carlo Moras é das máis veteranas aquí. El opina que tal como están propician o paso de moita xente.
A previsión desa demolición fixo que cambiaran a duración dos contratos de alugueiros nos locais directamente afectados pola futura obra. Ana e familia teñen varios negocios nas galerías. El agoira que seguirá sendo unha boa zona comercial e incide no pedimento unánime destes comerciantes.
A previsión desa demolición fixo que cambiaran a duración dos contratos de alugueiros nos locais directamente afectados pola futura obra. Ana María Besada e a súa familia teñen varios negocios nas galerías. Ela agoira que seguirá sendo unha boa zona comercial e incide no pedimento unánime destes comerciantes: "Que o paso non deberían pechalo".
A representante dos comerciantes destas galerías comerciais, Pilar González, inicide en que son zona de paso de moita xente e iso mantén a actividade comercial. Tamén considera que a demolición anunciada suporá un atranco importante para os negocios sobre todo mentres duren unhas obras para as que, de momento, non hai data de comezo.