Publicador de contidos

Publicador de contidos

Nace Redemar, a ferramenta que vai conectar o sector da ciencia co da pesca

Nace Redemar, a ferramenta que vai conectar o sector da ciencia co da pesca

Experiencia e coñecemento, unidos pola pesca
 

Proceso de constitución de REDEMAR (EFELavandeira jr)
G24.gal 07/09/2022 14:53

 "Practicamente toda a comunidade científica galega relacionada co mundo mariño está aquí", conta Fran Saborido, director do Instituto de Investigacións Mariñas .

Pero tamén....

 "Redeiros, sectores de arrastre, palangre, marisqueo... estamos todos representados", apunta José Antonio Pérez Sieira, presidente da Federación Galega de Confrarías.


Todos xuntos nunha foto de familia para darlle a benvida a REDEMAR, unha ferramenta pioneira que vai poñer toda a experiencia do sector pesqueiro ao servizo da ciencia e viceversa. O principal obxectivo desta nova rede que hoxe se acaba de constituír é traballar por unha pesca máis sustentable.

 "Os científicos estarán encima de calquera problema ou calquera proxecto que nós lles transmitamos. Por exemplo, hai moitísimos problemas co tema do marisqueo, hai sitios en que estamos perdendo moita produción e non sabemos por que, e polo menos saber o motivo para poder nós enfrontarnos a ese problema", explica José Antonio.

O traballo conxunto entre científicos e mariñeiros vén de lonxe. Levan décadas colaborando por un futuro máis sostible das pesqueiras.

"Hai anos que fomos quen de comprender que a xestión global da actividade pesqueira requiriría do asesoramento daqueles que máis e mellor coñecen a nosa fonte de vida, enfocados na importancia dos datos e tamén dos argumentos como elemento fundamental da súa actividade", relata Rosa Quintana, conselleira do Mar.

" Galicia é unha potencia no sector pesqueiro, pero unha potencia no sector científico mariño, enorme, e normalmente non moi recoñecida, de feito temos unha das densidades maiores de Europa de investigadores científicos por quilómetro cadrado, entón nós sentímonos cunha gran capacidade de colaborar co sector pesqueiro e aprender do sector pesqueiro", informa Fran Saborido, director do Instituto de Investigacións Mariñas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade