Publicador de contidos

Publicador de contidos

Nace o selo Galicia Calidade Alimentaria para os produtos do agro e do mar

Nace o selo Galicia Calidade Alimentaria para os produtos do agro e do mar

A etiqueta agrupará as denominacións de orixe, razas autóctonas ou o selo PescadeRías

G24.gal 15/12/2021 14:14

O presidente da Xunta anunciou hoxe a creación do selo Galicia Calidade Alimentaria, que nace canda o portal na Internet galiciacalidadealimentaria.gal onde mercar e vender produtos do país.

"Baixo este novo distintivo agruparemos os produtos das 36 denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas, tanto do mar como do agro; as marcas de garantía como Galega 100%, que ampara a calidade do noso leite; as razas autóctonas e o selo Pescaderías", explicou Alberto Núñez Feijóo.

Unha campaña para este Nadal de 700.000 euros acompaña o nacemento da nova etiqueta. Dende a presentación de Galicia como unha potencia na calidade alimentaria a divisa é Galicia Etiqueta Calidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade