Publicador de contidos

Publicador de contidos

Na xornada das sorpresas, Dinamarca non pasa do empate 0-0 ante Tunisia

Na xornada das sorpresas, Dinamarca non pasa do empate 0-0 ante Tunisia

O gardameta Kasper Schmeichel salvou a Dinamarca de caer no seu primeiro partido do Mundial de Catar

O mellor para a escuadra nórdica foi a presenza de Christian Eriksen

Foto EFE Foto EFE
G24.gal 22/11/2022 15:52 Última actualización 22/11/2022 16:22

Tunisia, cunha intensidade e unha hipermotivación dignas de encomio, coouse na festa do regreso a unha gran competición de Christian Eriksen e rabuñou un empate ante Dinamarca que ben puido ser un triunfo de non ser polo meta Kasper Schmeichel, cunha magnífica intervención no primeiro tempo.

O mellor para a escuadra nórdica foi a presenza de Christian Eriksen. Despois de dar o susto na última Eurocopa no Parken de Copenhague ao desvanecerse por un problema cardíaco, o actual xogador do Manchester United regresou a un gran torneo. Xa conta no seu historial con tres participacións mundialistas. Dinamarca está obrigada a mellorar notablemente se quere manter a súa condición de aspirante a chegar lonxe, como fixo na Eurocopa 2020.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade