Na área sanitaria de Vigo achéganse aos 2.600 casos activos
Este luns detectáronse 224 contaxios novos nesta área
Na área sanitaria de Vigo achéganse aos 2.600 casos activos. Os cribados intensifícanse nos hospitais e na unidade móbil onde tamén acoden unha gran maioría de persoas que son contacto directo dun positivo e queren saír de dúbidas.
Longas ringleiras que dan conta da evolución do virus nesta área que se achega aos 2.600 casos activos e que nesta xornada suma 224 contaxios novos.
O problema é que soben as hospitalizacións, hai 53 ingresados, cinco máis que onte e 14 persoas nas unidades de coidados intensivos.
Desde a xerencia da área advirten que se a situación non mellora poderían comezar a suspenderse algunhas cirurxías. Por outra banda haberá que agardar uns días para coñecer o impacto da ponte festiva nunhas cifras que xa de por si preocupan.