Publicador de contidos

Publicador de contidos

Musa: "Vitoria de gran prestixio que abre o camiño á Copa"

Musa: "Vitoria de gran prestixio que abre o camiño á Copa"

A estrela bosníaca do Breogán e o capitán Erik Quintela atenderon o Galicia en goles na Fonteta

G24.gal 19/12/2021 22:30

Números de MVP. Iso foi o que deixou sobre a pista valenciana o aleiro Musa, con 44 de valoración e trinta e tres puntos anotados ante un dos conxuntos máis fortes da Liga ACB. Aínda que non se atreveu nin co galego nin co castelán, Raúl Villares arrincoulle á gran figura breoganista unhas palabras.

"Foi unha vitoria importante de prestixio, que abre un camiño á Copa, así que estamos contentos. O final foi incrible, non soubemos pechar ben o equipo, pero o importante é gañar o partido. Hai que repetilo no Pazo a vindeira semana. Seguiremos loitando para poder xogar a Copa. Hai que crer".

Tamén atendeu á Radio Galega Érik Quintela, que valorou o partido e o gran triunfo ante Valencia Básket.

"Deixando a un lado que Musa estivo incrible, que cando está así é imparable. O balón circulou moito. Foi unha ledicia tamén para o adestrador, que tiña aquí á súa familia. Temos opcións de Copa intactas. Gañando ao Fuenlabrada estaremos máis preto".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar