Publicador de contidos

Publicador de contidos

Multiplicidade de propostas de Galicia nos Goya

Multiplicidade de propostas de Galicia nos Goya

Dous filmes na categoría de animación, catro actores e tres curtas, entre as opcións galegas aos 37 Premios Goya

G24.gal 01/12/2022 17:15

As bestas, de Rodrigo Sorogoyen, á e gran favorita dos Premios Goya con 17 candidaturas. Tras dela, Modelo 77, de Alberto Rodríguez ten 16 finalistas e Alcarrás, de Carla Simón,  e Cinco lobitos, de Alauda Ruíz de Azúa contan con 11 posibilidades de levar o Goya.

Polo filme de Sorogoyen, Luís Zahera e Diego Anido competirán na categoría de mellor actor de elenco. Luís Tosar e Javier Gutiérrez fano polo Goya a mellor actor protagonista por En los márgenes e Modelo 77, respectivamente.

Na animación, Galicia conta con dous filmes candidatos, Unicorn wars, de Alberto Vázquez, e Os demos de barro, de Nuno Beato. Tres curtas dirixidas por galegos poderían acadar premio tamén: Amanece la noche más larga, de Carlos Fernández de Vigo en animación; La entrega, de Pedro Díaz, en ficción; e Memoria, de Nerea Barros, en documental.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade