Publicador de contidos

Publicador de contidos

Mrsic: “Temos que mellorar en ataque, somos a cuarta mellor defensa”

Mrsic: “Temos que mellorar en ataque, somos a cuarta mellor defensa”

O técnico do Breogán non contará co lituano Martynas Sajus en Barcelona

Foto @CBBreogan
G24.gal 15/03/2024 15:54 Última actualización 15/03/2024 16:00

O croata Veljko Mrsic, adestrador del Río Breogán, considera que o maior problema do seu equipo, pechando os postos de descenso a LEB Oro, está no xogo de ataque, por iso cre necesario que os seus xogadores mellores as súas porcentaxes de acerto.

“Somos a cuarta mellor defensa da liga, creo que é a primeira vez que un equipo que está tan abaixo ten unha defensa tan boa. Pero para gañar partidos hai que meter canastras, aí é onde temos que mellorar”, declarou o técnico breoganista a dous días de visitar ao Barça no Palau Blaugrana.

Mrsic negou que o seu equipo baixase o seu “nivel de competitividade” nos últimos partidos, ademais de eloxiar “a resposta” dos seus xogadores tras a dura derrota sufrida ante Unicaja en Lugo.

“Martes e mércores fixeron os dous mellores adestramentos da tempada. Iso vaise notar seguro neste final de tempada”, augurou o técnico, para quen “a presión” pola situación clasificatoria non é unha escusa.

“Na vida hai máis presión que nun partido de baloncesto. Aquí o que hai que facer é estar concentrado ao máximo en cada posesión, pero presión... que presión. Se non podemos convivir con esta presión non podemos facer nada na nosa vida”, aseverou.

O técnico breoganista, que está pendente do estado físico do seu compatriota Rudan e non poderá contar co pivote lituano Martynas Sajus, destacou “o cambio de roles” que provocou no Barça a incorporación de Ricky Rubio, como ver ao lituano Roka Jokubaitis no posto de dous.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos