Publicador de contidos
Publicador de contidos

Mrsic non aclara se contará con McLemore: "Imos ver"

Mrsic non aclara se contará con McLemore: "Imos ver"

Horas antes, Ben McLemore ofreceu a súa versión dos feitos nun comunicado: "A verdade sairá á luz e o meu nome quedará limpo"

G24.gal 12/04/2024 13:49 Última actualización 12/04/2024 13:53

Ben McLemore está de viaxe a Lugo. Que xogue na pista do Baskonia está en dúbida, pero non está descartado. Ninguén concreta nada no Río Breogán, nin Mrsic.

"Imos ver (se xoga)".

"Esta é unha conferencia de prensa sobre o Breogán-Baskonia".

Horas antes, Ben McLemore ofreceu a súa versión dos feitos nun comunicado. Nel reivindica a súa inocencia e asegura.

"A verdade sairá á luz e o meu nome quedará limpo".

"Non estou acusado de usar forza física para violar alguén. Estou acusado de manter relacións sexuais con alguén que agora di que non deu o seu consentimento", comeza a exposición.

"Non violei esa muller, non cometín abusos sexuais, nunca mantiven unha relación cando entendín que a muller non estaba interesada en min", asegura o xogador.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos