Mrsic confía na mellor versión do Breogán polo público e pola necesidade de gañar
Mrsic: "O noso público dános moito apoio. En casa é máis fácil cando tes á túa xente ao teu lado"
O Río Breogán prepara o desafío do Málaga deste sábado no Pazo dos Deportes esperando que as últimas fichaxes teñan avanzado o proceso de adaptación. Como Rob Gray, que debutou en Badalona. Mrsic confía na mellor versión breoganista. Porque xoga co público a favor e porque é unha necesidade.
"O noso público dános moito apoio. En casa é máis fácil cando tes á túa xente ao teu lado".
"Rob Gray ten talento, demostrouno especialmente o ano pasado e fai dous en Mónaco. Este ano non tivo un rol importante. Necesita un pouco de tempo para coller ritmo de partido"
Río Breogán está igualado co Monbus Obradoiro e co Granada con seis vitorias. O rival desta xornada é dos cualificados da ACB.
"É importante controlar o rebote, Málaga é un equipo que corre moito e ben".
"En transición defensiva debemos estar a un nivel moi alto".