Mouriño rebaixa as expectativas do Celta esta temporada
Carlos Mouriño repasou a actualidade do Celta.
O Celta segue á espera de fichar un secretario técnico. Hai renovacións pendentes como a de Iago Aspas, está pendente o futuro de Denis Suárez no mellor momento da temporada. Mouriño falou de Europa hai dous meses. Nestes momentos non é tan ambicioso.
Oito xogadores do Celta acaban contrato no 2023, entre eles Iago Aspas ou Hugo Mallo. As negociacións para as súas renovacións aínda non comezaron. Tampouco avanzou o máis mínimo o tema Denis Suárez. Nin tampouco hai tomada unha decisión sobre quen será o director deportivo.
Sobre o mellor ao que pode aspirar deportivamente o Celta esta temporada, Mouriño prefire a cautela, rebaixando as súas propias expectativas.
O Celta está agora no décimo posto con 35 puntos e visita o sábado ao sétimo, o Vilarreal.