Cargando resultados...
Mostra de oficios antigos en Lugo
Un artesán de gaitas e unha tecedora ensinan as súas técnicas de traballo tradicional
A feira permite coñecer formas de elaboración artesanal de obxectos cotiáns
G24.gal
07/08/2022 20:45
Última actualización 07/08/2022 20:54
Os oficios antigos reviven en Lugo na fin de semana. A Praza Maior acolle unha mostra na que se ofrece a posibilidade de coñecer como se elaboran de xeito tradicional obxectos cotiáns.
Neste caso participa un artesán das gaitas que deseña os seus instrumentos combinando técnicas tradicionais xunto con tecnoloxías máis novidosas.
Tamén hai unha tecedora que trouxo un tear para ensinar como se manexa.