Cargando resultados...
Morren tres persoas no último ataque sobre Kíiv, entre elas unha nena
Un mísil caeu sobre un edificio residencial
Morreron dúas mulleres e unha nena de 12 anos
hai arredor dunha ducia de feridos
G24.gal
01/06/2023 08:48
Tres persoas morreron no último bombardeo sobre a capital ucraína. Entre os falecidos, hai un menor de idade, e parece ser que hai tamén arredor dunha ducia de feridos. Péchase así o mes de maio, en que máis da metade das noites os veciños de Kíiv tiveron que refuxiarse dos ataques aéreos rusos con mísiles e drons.