Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morren 31 migrantes no canal da Mancha mentres tentaban chegar ao Reino Unido

Morren 31 migrantes no canal da Mancha mentres tentaban chegar ao Reino Unido

As autoridades seguen buscando superviventes e non desbotan atopar máis falecidos

G24.gal 24/11/2021 21:42

Polo menos 31 migrantes faleceron no canal da Mancha mentres tentaban chegar ao Reino Unido. As autoridades seguen na busca de superviventes e non desbotan atopar máis falecidos.

As autoridades confirmaron que entre os mortos hai cinco mulleres e unha nena pequena e que hai unha persoa desaparecida. As autoridades francesas non divulgaron as nacionalidades das vítimas nin as circunstancias exactas do accidente.

Nos dez primeiros meses de 2021 tentaron cruzar o canal máis de 25.000 persoas fronte ás preto de 10.000 do ano pasado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade