Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre unha muller nunha colisión frontal en Curtis

Morre unha muller nunha colisión frontal en Curtis

Outra persoa quedou ferida no sinistro

G24.gal 13/02/2026 17:00 Última actualización 13/02/2026 18:03

Unha muller faleceu nun accidente de tráfico en Curtis. Ás 15:40 horas, un particular alertou o 112 Galicia dun accidente no quilómetro 671 da N-634, á altura da parroquia de Fisteus. Tratouse dunha colisión entre dous coches, e unha das persoas implicadas permanecía inconsciente.

De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros de Betanzos, GES de Curtis, Garda Civil de Tráfico, voluntarios de Protección Civil de Curtis e servizos de mantemento da estrada.

Os medios confirmaron que todas as persoas permanecían liberadas e accesibles. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento dunha das implicadas. Outra persoa resultou ferida grave.

 

No momento en que se produciu o accidente mortal caera unha forte sarabiada na zona. A circulación tivo que permanecer cortada un tempo mentres interviñan os equipos de emerxencias. Dase a circunstancia  que hai tan só uns días o concello de Curtis alertara do mal estado do firme neste tramos da estrada nacional 634. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade