Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre un veciño de Coristanco nun accidente de tráfico en Carballo

Morre un veciño de Coristanco nun accidente de tráfico en Carballo

A vítima é un home de 47 anos

O coche saíu da vía pola marxe esquerda e colidiu contra dous postes e a fachada dunha casa

G24.gal 21/11/2022 10:17 Última actualización 21/11/2022 14:24

A Garda Civil investiga as causas deste tráxico accidente ocorrido contra as 11 da noite na estrada que une Carballo con Santiago, na parroquia de Ardaña e en que faleceu un veciño de Coristanco de 47 anos.

Un forte ruído preto das 11 da noite alertaba os veciños das vivendas da parroquia de Ardaña situadas a pé da estrada provincial que une Carballo con Santiago do tráxico accidente. 

Unha vez fóra comprobaron a gravidade do suceso.

A violencia do impacto, primeiro contra dous postes e logo contra unha vivenda, fixo necesaria a intervención dos bombeiros de Carballo para excarcerar a vítima.

Ata o lugar tamén se desprazaron  axentes de Tráfico da Garda Civil e os servizos sanitarios.

A intensa chuvia que caía no momento do accidente, unido a unha velocidade inadecuada, son algunhas das hipóteses sobre as causas da saída de vía que está investigando a Garda Civil.

A víctima que circulaba nun vehículo adaptable dirección Carballo é un home de 47 anos natural de Coristanco. O seu corpo foi trasladado ao Complexo Hospitalario da Coruña para realizarlle a autopsia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade