Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre un traballador ao caer dunha estada nunha casa en Baleira

Morre un traballador ao caer dunha estada nunha casa en Baleira

O traballador precipitouse ao chan desde unha altura duns dous metros cando se atopaba sobre unha estada realizando tarefas nunha vivenda

Imaxe de arquivo dunha ambulancia do 061 Imaxe de arquivo dunha ambulancia do 061
G24.gal 06/12/2024 18:03 Última actualización 06/12/2024 20:44

Un home faleceu no mediodía deste venres no municipio lugués de Baleira ao sufrir unha caída desde unha estada mentres traballaba nunha casa.

O accidente produciuse ao redor das 13:20 horas no lugar de Abrairas, que pertence á parroquia da Braña, segundo trasladou o CIAE 112 Galicia.

O traballador precipitouse ao chan desde unha altura duns dous metros cando se atopaba sobre unha estada realizando tarefas nunha vivenda.

O home faleceu no acto como consecuencia do impacto. Ata a zona mobilizáronse efectivos de Urxencias Sanitarias 061, Garda Civil e Protección Civil de Baleira.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos