Morre un motorista tras chocar cun camión na circunvalación de Lalín
O falecido, de nacionalidade francesa, circulaba pola avenida Xosé Cuíña
Ao parecer, estaba na vila para asistir ás probas do Mundial de Enduro que se celebran esta fin de semana na vila pontevedresa
Loito na xornada deste sábado en pleno Campionato do Mundo de EnduroGP, que celebra a súa segunda xornada en Lalín.
Un home de nacionalidade francesa chocou coa súa moto contra un camión na avenida Xosé Cuíña e faleceu no acto.
Sucedeu contra as 9:30 horas deste sábado cando o motociclista, que, ao parecer, tiña previsto asistir ás probas do Mundial de Enduro, baixaba a avenida, na N-525, cara ao lugar de concentración das motos e os vehículos estacionados no parque pechado da organización.
En principio non está prevista a suspensión da segunda xornada da proba deportiva das carreiras de Enduro que Lalín acolle por segundo ano consecutivo.
🔴#AXEGAInforma dun accidente mortal en #Lalín.
— 112Galicia (@112Galicia) May 6, 2023
Tras colidir unha moto e un camión que circulaban pola #N525, ao seu paso por Donramiro, o motorista perdeu a vida.
Ademais dos servizos sanitarios interveñen a Policía Local, o GES e Protección Civil de Lalín. pic.twitter.com/BKDV6F2AgK