Cargando resultados...
Falece un home de 58 anos no incendio dun hotel en Barcelona
Tiveron que desaloxar tres dos pisos do establecemento

G24.gal
26/11/2022 12:27
Última actualización 26/11/2022 12:40
O incendio rexistrouse pasadas as dúas da mañá nun hotel de Barcelona. O lume declarouse nun dos cuartos do terceiro andar por causas que aínda se están a investigar.
As lapas afectaron tres dos pisos do establecemento, polo que unhas oitenta persoas tiveron que ser desaloxadas. Ademais do falecido, un home de 58 anos, hai tres hóspedes con feridas leves.
