Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un home de 36 anos morre atropelado polo seu propio coche en Palmeira, Ribeira

Un home de 36 anos morre atropelado polo seu propio coche en Palmeira, Ribeira

Todo parece indicar que o coche sufriu un fallo nos freos e acabou atropelando o home

Cando chegaron os equipos médicos, o home xa estaba morto

A vítima apareceu debaixo desta furgoneta da súa propiedade
G24.gal 20/04/2025 09:15 Última actualización 20/04/2025 20:00

Un veciño de Ribeira de 36 anos faleceu esta madrugada atropelado polo seu propio vehículo. A súa furgoneta quedou sen freos e levouno por diante. Foi na rúa de Barreiro, na parroquia de Palmeira, no concello de Ribeira.

Sucedeu pouco despois das dúas da mañá nun descampado situado a carón da rúa do Barreiro de Palmeira, no concello de Ribeira.

As 02:20 horas, un particular contactou co Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia para alertar de que atopara un home debaixo dun coche. Nesa chamada xa indicaban que a vítima podería estar morta.

Desde o 112 Galicia mobilizáronse os medios necesarios informando o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, o GAEM e os Bombeiros de Ribeira, así como os axentes da Policía Nacional e da Policía Local.

Unha vez no lugar, os equipos de emerxencias confirmaron o falecemento do home, sen que se puidese facer nada por salvarlle a vida. 

 Os bombeiros de Ribeira confirmaron esta maña que se trataba dunha furgoneta de cor gris, que era propiedade do falecido. O vehículo sufriu un fallo nos freos e pasoulle por riba ao condutor. Estaba aparcado nunha zona sen asfaltar e cunha pendente moi lixeira.

A Policia Nacional confirmou que se trata dun accidente e que non hai indicios de delito.

Lugar no que se produciou o accidente en Palmeira, este domingo pola mañá Lugar no que se produciou o accidente en Palmeira, este domingo pola mañá
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade