Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre o deseñador de moda xaponés Issey Miyake aos 84 anos

Morre o deseñador de moda xaponés Issey Miyake aos 84 anos

É coñecido polas súas pezas de roupa plisada e por crear o uniforme de Steve Jobs

G24.gal 09/08/2022 20:48

Dende a súa oficina sinalan que Issey Miyake faleceu o 5 de agosto a causa dun cancro de fígado. 

Nado en 1938 en Hiroshima, estudou en Toquio e en París, e en 1970 presentou a súa primeira colección en Nova York. Xa dende entón perseguiu o concepto de facer roupa a partir dunha soa peza de tea.

É coñecido polo seu uso do plisado e polos xerseis que popularizou Seteve Jobs.

Miyake "non quería ser etiquetado como un deseñador que sobreviviu á bomba atómica", por iso non contou a súa experiencia de neno en 1945 en Hiroshima ata que se decidiu a facelo en 2009, inspirado por un discurso de Barack Obama sobre o desarme nuclear.

Ademais de nas pasarelas de todo o mundo, os deseños de Issey Miyake, combinación de tradición xaponesa e corte vangardista, exhibíronse en museos internacionais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade