Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre o actor Chete Lera nun accidente de tráfico en Málaga

Morre o actor Chete Lera nun accidente de tráfico en Málaga

O seu coche caeu por un desnivel de 50 metros a unha zona de viveiros e cando chegaron os servizos médicos xa falecera

G24.gal 20/05/2022 10:34

O acto estradense Chete Lera morreu este xoves pola tarde tras sufrir un accidente de tráfico no concello malagueño de Rincón de la Victoria.

Segundo informaron os servizos de emerxencia da Junta de Andalucía, o seu coche caeu por un desnivel de 50 metros a unha zona de viveiros, e cando chegaron os servizos médicos xa falecera.

Chete Lara, de 72 anos, era o único ocupante do coche e o seu corpo foi trasladado ata o Instituto de Medicina Legal de Málaga, onde se lle vai practicar a autopsia.

Lera deixa atrás unha longa traxectoria tanto no teatro coma no cine e na televisión. Participou en películas como La ardilla rojaSecretos del corazón ou Abre los ojos.

Gañou o premio ao mellor actor do Festival de Málaga de 2002 xunto ao resto do elenco da película Smooking Room.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade