Cargando resultados...
Morre atropelado un operario de guindastre mentres auxiliaba un vehículo en Santiago
O home, de 56 anos e veciño de Pontecesures, era traballador de Guindastres Castmart

G24.gal
03/04/2024 16:36
Un operario de guindastre morreu tras ser atropelado na noite deste martes mentres auxiliaba un vehículo avariado.
O accidente ocorreu sobre as 22:45 na autovía AG-56 ao seu paso por Santiago.
O home, de 56 anos de idade e veciño de Pontecesures, era traballador de Guindastres Castmart.
O funeral celebrarase na tarde deste xoves na igrexa de San Xulián, en Pontecesures.
A Asociación Nacional de Empresas de Auxilio na estrada emitiu un comunicado en que lamenta este falecemento e expresa as súas condolencias a familia e amigos.