Publicador de contidos

Publicador de contidos

Moreno, ante o reto de revalidar a maioría absoluta

Moreno, ante o reto de revalidar a maioría absoluta

Esta noite remata a campaña electoral en Andalucía. O domingo, cita coas urnas. 

Non hai enquisa que debuxe un cambio, pero si deixan no aire a maioría absoluta do PP

Moreno advirte de que non "hai nada gañado"
G24.gal 15/05/2026 14:23

Non hai enquisa que debuxe un cambio en Andalucía. Pero o candidato popular non quere sorpresas e advírtelle aos indecisos que non "hai nada gañado".

O presidente da Junta, Juanma Moreno, asegurou este venres, tras coñecer que unha narcolancha chocou a unha patrulleira de Vixilancia Aduaneira na costa de Almería, que se logra gobernar tras as eleccións andaluzas do domingo vai "plantar cara" ao narcotráfico esixindo ao Goberno de España un cambio no Código penal.

Unha patrulleira do Servizo de Vixilancia Aduaneira (SVA) foi golpeada por unha narcolancha durante unha persecución a pasada noite en augas afastadas da costa de Almería, un incidente no que ningún funcionario resultou ferido, segundo informaron fontes da Axencia Tributaria. "Isto é insoportable. Insoportable", exclamou Moreno durante un acto de campaña electoral en Sevilla,

En fronte os socialistas nunha campaña marcada por esta frase: "Os accidentes laborais deben ser unha prioridade". Era a forma en que a candidata María Jesús Montero se refería á morte de dous gardas civís cando perseguían unha narcolancha en Huelva.

Montero invoca o espírito da remonta rodeada de Pedro Sánchez e Zapatero para aglutinar o voto da esquerda.  Segundo as enquisas, a maioría absoluta de Moreno dependerá de Vox e de Por Andalucia. Abascal tomou os mandos da campaña e non escatimou críticas ao PP. Di que o que aconteceu na rexíón estes anos foi unha "traizón ao cambio". Maíllo chama a non caer no desánimo e pide confianza no proxecto de esquerdas. 

O candidato de Por Andalucía á Presidencia, Antonio Maíllo, celebrou este venres a campaña "limpa" e "de menos a máis" da súa formación para as eleccións autonómicas do próximo domingo fronte ao "xogo sucio" do PP, do que dixo que "intentou invocar o medo". Na última xornada para pedir o voto o candidato de Por Andalucía apelou á "utilidade" do mesmo. 

A campaña pecha esta noite. O noso Día das Letras en Andalucía será o seu día de cita coas urnas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade