Publicador de contidos

Publicador de contidos

A maioría de países europeos apoian crear un tribunal contra a agresión rusa en Ucraína

A maioría de países europeos apoian crear un tribunal contra a agresión rusa en Ucraína

O acordo de implementación foi apoiado por 34 dos 46 membros do Consello, entre eles a Unión Europea e España

"Putin pasará á historia como un criminal, e este tribunal restituirá a xustiza nas ruínas da guerra", asegura o ministro de exteriores ucraíno

Arquivo/Víctor/Xinhua News Arquivo/Víctor/Xinhua News
G24.gal 15/05/2026 09:35

A maioría dos países europeos apoiaron este venres a creación do Tribunal Especial para o Crime de Agresión contra Ucraína durante a reunión do comité de ministros do Consello de Europa celebrada en Chisinau, capital de Moldova.

"Achégase o momento en que Rusia deberá render contas pola súa agresión", dixo Alain Berset, secretario xeral do Consello. "O Tribunal Especial significa xustiza e esperanza. Agora é necesario tomar medidas para corroborar ese compromiso político, garantindo o funcionamento e o financiamento do tribunal".

"Putin pasará á historia como un criminal", asegura Ucraína

O acordo de implementación foi apoiado por 34 dos 46 membros do Consello, aos que se sumou tamén a Unión Europea, segundo anunciou durante o plenario Mihai Popsoi, ministro de Exteriores moldovo.

Países como España, Alemaña, Francia, Italia e o Reino Unido subscribiron o acordo, do mesmo xeito que outros Estados non europeos como Australia e Costa Rica, mentres O Canadá tamén expreso o seu desexo de sumarse en breve ao acordo.

Popsoi chamou o resto dos países a aprobar e ratificar o documento canto antes. O ministro de Exteriores de Ucraína, Andrí Sibiga, cualificou a xornada como "histórica" e comparouna coa creación do tribunal de Núremberg.

"Putin pasará á historia como un criminal -indicou-. E este tribunal restituirá a xustiza nas ruínas da guerra. Os alicerces morais de Europa e do mundo só se restaurarán se o crime de agresión contra Ucraína é castigado".

O Tribunal Especial para o Crime de Agresión contra Ucraína ocuparase de investigar, procesar e xulgar os responsables dos crimes contra ese país, enchendo o oco na xurisdición da Corte Penal Internacional, que ordenou en 2023 o arresto de Putin por crimes de guerra.

Este xoves 24 civís, incluído tres menores, morreron en Kíiv no maior ataque ruso con drons de toda a guerra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade