Publicador de contidos

Publicador de contidos

Moncho Fernández teno claro: "O Tenerife é o que mellor xoga da Liga"

Moncho Fernández teno claro: "O Tenerife é o que mellor xoga da Liga"

David Walker aínda arrastra molestias nun pé

Foto @OBRADOIROCAB
G24.gal 16/03/2023 15:58 Última actualización 16/03/2023 16:05

Moncho Fernández ten a todo o cadro de xogadores dispoñible para o partido deste sábado ante o Lenovo Tenerife, a dúbida é David Walker aínda arrastra molestias nun pé. A evolución é positiva e xa entrou na anterior convocatoria, aínda que non chegou a xogar.

O adestrador do Monbus Obradoiro espera un rival que perdeu na Champions en Murcia, 82-67, pero ese resultado non cambia o seu categórico xuízo sobre o conxunto insular:

"É o que mellor xoga da Liga"

O colectivo de Vidaurreta non completou un bo día na competición europea, pero tiña asegurado o billete para cuartos de final e bastáballe con perder por menos de 19 puntos para asegurarse o factor cancha. Por tanto, obxectivo cumprido:

"Que espero? Espero o equipo, que é top, tres en puntos por posesión e en puntos encaixados, é dicir, que son boísimos diante e detrás. Un equipo que perde poucos balóns, que ten moi ben balanceado o seu xogo, que sabe explotar as características do seu persoal, na que xogan Shermadini, Hortas, agora Bolmaro, Salin, Doornekamp, Abromaitis etcétera. Son un dos grandes equipos desta Liga, polos xogadores, pero sobre todo polo xogo"

Moncho Fernández ten claro que non permitirlles coller voo cobra especialmente importancia:

"Temos que facerlles un partido o máis difícil posible porque, se os deixas xogar, son dos mellores. Que as súas lecturas non sexan boas, que o noso un contra un sexa bo"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade