Publicador de contidos

Publicador de contidos

Moncho Fernández recupera a Dragan Bender para xogar en Bilbao

Moncho Fernández recupera a Dragan Bender para xogar en Bilbao

David Walker aínda non está recuperado da lesión no pé

Foto @OBRADOIROCAB
G24.gal 09/12/2022 16:02 Última actualización 09/12/2022 16:08

O internacional croata Dragan Bender superou a escordadura de nocello que lle impediu xogar contra o Barça e estará a disposición do técnico Moncho Fernández para a visita á pista do Bilbao Basket:

“Dragan incorporouse de forma progresiva aos adestramentos e esperamos que chegue sen problemas ao partido do domingo”, asegurou en conferencia de prensa o adestrador do Monbus Obradoiro, a quen lle preocupa máis a lesión do estadounidense David Walker.

O ala segue sen superar as molestias que arrastra desde hai semanas na fascia plantar, polo que a próxima semana someterase a un novo tratamento.

“Está a facer parte do traballo co grupo porque é un tipo de lesión para o que o descanso absoluto non é recomendable, por iso hai que buscar un equilibrio entre o traballo e que a dor non se dispare”, explicou Moncho Fernández.

O técnico santiagués confía en que co novo tratamento poidan ver “a luz ao final do túnel” porque o xogador está a poñer “todo do seu parte” para superar a lesión e axudar o equipo na pista.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade