Cargando resultados...
Moncho Fernández: "Os tres últimos minutos foron desastrosos"
O técnico obradoirista lamenta a mala xestión dos últimos minutos tanto en defensa como en ataque
G24.gal
05/10/2023 07:56
"Agasallámolos co partido". Así de contundente foi Moncho Fernández á hora de avaliar a derrota ante o Bilbao Basket. O primeiro que lamenta é non rachar o partido cando o equipo estaba con seis puntos de vantaxe e posesión no último cuarto.
Pero o que máis amolou ao de Pontepedriña foi a mala xestión dos últimos tres minutos. "Foron desastrosos", comentou sen pelos na lingua. Tanto en defensa coma en ataque: "Non demos pechado o rebote defensivo e ofrecémoslles segundas oportunidades e a xestión dos tres últimos ataques foi moi mala".