Moncho Fernández: "Estou convencido de que estamos preto de conseguir unha vitoria"
Rubén Guerrero sufriu unha fractura dos ósos propios do nariz
O pivote do Monbus Obradoiro Rubén Guerrero sufriu unha fractura dos ósos propios do nariz, de maneira que é dúbida para o partido deste sábado contra o Unicaja.
O xogador non puido traballar co grupo nos últimos adestramentos, xa que está pendente da chegada dunha máscara protectora personalizada, que lle permita xogar o último partido da liga Endesa antes da parada da Copa do Rei.
O base ucraíno Oleksandr Kloviar e o aleiro Rigoberto Mendoza sufriron lesións musculares tras o choque co Gran Canaria, pero o técnico Moncho Fernández espera contar con ambos.
O Obradoiro suma seis derrotas seguras pero Moncho Fernández está seguro da reacción.
"Estou convencido de que estamos preto de conseguir unha vitoria".
Para o santiagués, o Unicaja é dos mellores equipos da liga
"Dos que máis corre, anota rápido, o mellor en tiros de campo e bo defensivamente".