Publicador de contidos
Publicador de contidos

Moncho Fernández espera que o grupo poida substituír “o importante oco” que deixa Álvaro Muñoz

Moncho Fernández espera que o grupo poida substituír “o importante oco” que deixa Álvaro Muñoz

O adestrador do Obradoiro eloxiou este xoves o Valencia Basket, do que destacou tanto a súa “polivalencia” ofensiva como o seu rendemento defensivo

G24.gal 08/03/2024 12:23 Última actualización 08/03/2024 12:36

Moncho Fernández, adestrador do Obradoiro, eloxiou este xoves o Valencia Basket, do que destacou tanto a súa “polivalencia” ofensiva como o seu rendemento defensivo.

“É un dos equipos que mellor defende de Europa, é a segunda mellor defensa da Euroliga", sinalou.

Na súa comparecencia ante os xornalistas, o técnico santiagués lembrou que o cadro dirixido por Álex Mumbrú vén de lograr “unha vitoria solvente” fronte ao Palencia na última xornada da liga Endesa.

“Non só é un equipo de pick and roll que vaia xogar esas accións de bloque directo. É un equipo que pode postear desde o un ata o cinco, que xoga moitas saídas bloqueadas, onde Robertson é un dos grandes protagonistas dese xogo. Ten moita polivalencia no xogo ofensivo, aclarados exteriores e interiores, xogo sen balón ou co balón dentro. Tacticamente é un equipo moi dotado”, incidiu.

Para Moncho Fernández, o escolta canadense Kassius Robertson, exxogador do Obradoiro, está a facer “un temporadón” na súa primeira tempada no Valencia Basket.

O técnico espera que o grupo sexa capaz de substituír “o importante oco” que deixou a baixa de Álvaro Muñoz, “un líder” dentro do vestiario que se perderá o que resta de tempada tras sufrir en Xirona unha rotura do ligamento cruzado anterior do xeonllo esquerdo.

“É un xogador moi importante para nós, non só no técnico senón tamén no humano. É o noso capitán desde hai varias tempadas, exemplar en todo. Mesmo na lesión deunos mostras da súa categoría humana porque foi el quen nos estea animando cando deberiamos ser nós a el”, comentou o técnico santiagués.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos