Publicador de contidos

Publicador de contidos

Monbús lanza un proxecto piloto que permite reservar os billetes de autobús

Monbús lanza un proxecto piloto que permite reservar os billetes de autobús

Esta ferramenta permite aos usuarios planificar a súa viaxe e evitar as ringleiras e as esperas

Inicialmente estase probando nas liñas Lugo-Ourense-Vigo e Lugo-Santiago, pero a idea é estender o programa a toda Galicia
 

G24.gal 23/11/2022 13:41

A golpe dun só clic os viaxeiros de bus xa poden facer a reserva do seu billete. Só necesitan teclear o número da súa tarxeta de mobilidade e o seu correo electrónico. Recibirán un xustificante da reserva que presentarán no propio bus sen ter que pasar polo despacho de billetes.

"Axilizar o embarque os usuarios, evitar as ringleiras, ter unha mellor planificación do transporte", explica Inés Dosil, responsable de Márketing de Monbus.

Unha planificación que tamén valoran os usuarios sobre todo as fins de semana cando hai máis demanda deste transporte.

"Dificil, hai que facer ringleiras, estar aquí cedo", conta unha usuaria; outro engade: "Para non ter que ir correndo a mercar o billete".

Para evitar a picaresca cobrarase unha fianza que se devolve no momento en que se fai o pago no bus.

"Que os viaxeiros non teñan problema e poidan viaxar sempre nos seus asentos", di Inés Dosil da empresa de transporte Monbus.

O que máis valoran os viaxeiros é a comodidade.
"Ter acceso desde calquera punto", di un viaxeiro; outra comenta: "Por Internet é moito máis cómodo".

Inicialmente estase probando nas liñas Lugo-Ourense-Vigo e Lugo-Santiago, pero a idea é estender o programa a toda Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade