Cargando resultados...
Moitos dos hospitalizados con covid están ingresados por outras patoloxías
Estes casos detéctanse en probas de protocolo que detectan asintomáticos
G24.gal
11/01/2022 14:12
Dende que comezou a vacinación, o número de persoas ingresadas con covid foi en descenso, e entre elas cómpre aínda facer unha diferenciación.
Entre os que figuran como positivos hainos que están ingresados por culpa do virus, pero outros, aínda que contaxiados, están alí por outras patoloxías que requiren atención médica.
Moitos destes casos descóbrense fortuitamente nas probas de control que se realizan por protocolo ante un novo ingreso para evitar infeccións cruzadas.
Como acontece nos cribados, os protocolos hospitalarios axudan a detectar persoas asintomáticas, evitando así novos contaxios cruzados.