Publicador de contidos

Publicador de contidos

Moitos comen hoxe coma reis..., de restaurante

Moitos comen hoxe coma reis..., de restaurante

Moitas familias optan por festexar fóra da casa para aforrar traballo

As comidas de Reis pechan o ciclo do Nadal nos restaurantes

G24.gal 06/01/2026 14:51

Día de tronas, mesas grandes e moitas reservas nos restaurantes. 

"Hoxe é un día de familias, como o da nai, un día moi sentido que se xuntan as familias e os amigos, un día de celebración importante", explica Roberto Sánchez, do asador Entrevías de Santiago.

Cada vez son máis as familias que queren celebrar esta festa a corpo de rei, sen que ninguén pase traballo na casa.

"Na casa hai moito que facer, recoller, cociñar... Aquí facemos todo o servizo e así a xente pode estar relaxada, un ambiente de festa", di Roberto Sánchez.

"Na casa hoxe en día non hai espazo para tanta xente e as avoas non son como as de antes", engade Eduardo Paz Santasmarinas, do restaurante Paz Nogueira de Santiago.

Neste día as familias adoitan escoller os restaurantes próximos e de confianza, onde se senten coma na casa. Algúns establecementos fan menú de Reis, pero o máis común é tirar da carta habitual, a que coñecen e non falla.

"A xente escolle da carta, pero poñemos sobremesa especial de roscón de Reis", di Eduardo Paz


E, como sempre pasa, para que uns gocen outros teñen que traballar. Os hostaleiros levan semanas frenéticas, de xornadas longas e ducias de comensais. Seu alivio chegará a partir de mañá.

"Levamos mes e medio con moito estrés, moito traballo, a partir de mañá baixamos o ritmo".

"O Nadal foi moi bo, tivemos moitísimas comidas no restaurante e grupos de amigos, agora volve a vida normal".

Pero que non se relaxen demasiado. Moitos comerán hoxe o roscón de Reis pensando xa en reservar mesa para o cocido do Entroido...

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade