Publicador de contidos

Publicador de contidos

Moito movemento nos aeroportos galegos tras o remate da ponte do Apóstolo

Moito movemento nos aeroportos galegos tras o remate da ponte do Apóstolo

Houbo unha gran cantidade de viaxeiros que volvían a Galicia, tras pasar uns días fóra, e outros tantos que marchaban da comunidade

Moitos galegos que viven fóra aproveitaron para vir pasar uns días coa familia e celebrar o día de Galicia

G24.gal 27/07/2025 22:06

Esta ponte festiva do Apóstolo Santiago foron moitos os viaxeiros que aproveitaron para vir a Galicia a celebrar o seu día.

"Vin de Lanzarote a pasar uns días na ponte de Santiago".

"Aproveitamos o festivo do Apóstolo para vir a Santiago. Ademais, tiñamos unha voda, e xa nos toca volver. Moi tristes".

Outros optaron por marchar.

"Fomos de excursión a Dublín".

"Esta ponte fun pasala a Sevilla porque había un evento de Ibai, a Velada do Ano, de boxeo".

"Estiven en Inglaterra, que tivemos unha voda alí. Marchamos o mércores e aproveitamos a ponte do Apóstolo para pasar alí uns días".

Tamén foron moitos os galegos que viven fóra e aproveitaron a ocasión para vir pasar uns días coa familia e cos amigos.

"Vin traer a miña filla, que está en Liverpool e veu pasar uns días con nós a Santiago".

Con todo, hai quen non puido aproveitar a ponte, pero que marcha agora para pasar uns días fóra de Galicia.

"Aproveito que vou acompañar a miña filla, que traballa en Alacante, e vou pasar alí un par de semaniñas de vacacións".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade