Publicador de contidos

Publicador de contidos

A muralla romana é un dos monumentos máis admirados polos turistas que visitan Lugo

A muralla romana é un dos monumentos máis admirados polos turistas que visitan Lugo

A catedral o centro histórico son outros dos puntos destacados polos visitantes que aproveitan o verán para coñecer a cidade

G24.gal 27/07/2025 20:33

O día solleiro anima ós turistas a pasear por Lugo. A muralla é un lugar de visita obrigado.

O monumento romano marca o centro histórico de Lugo. É a zona que esperta máis admiración. 

Ao pé da muralla de Lugo está a catedral, ambas recoñecidas como Patrimonio da Humanidade. Nos negocios do arredor confirman que o turismo medra cada ano.

Unha parella estadounidense recoñece que “a arquitectura, a arqueoloxía e a comida son maravillosas”. “É unha cidade bonita, cunha historia moi rica e unha cultura con moito que ver e moi interesante”.

Unha cidade para gozar durante todo o ano. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade