Mingueza foi titular na vitoria de España contra Suíza (3-2)
Mingueza foi titular na vitoria de España contra Suíza (3-2)
O xogador do Celta actuou como lateral dereito no seu segundo partido de titular coa selección absoluta
Óscar Mingueza foi titular na vitoria de España contra Suíza (3-2) con que se puxo punto e final á fase de grupos da Liga das Nacións. Agora, a selección española afrontará a rolda de cuartos de final como primeira de grupo.
Era unha posición que xa tiña garantida fose cal fose o resultado deste último partido. A festa canaria resultou completa co gol de Yeremy Pino no primeiro tempo ao aproveitar o rexeitamento dun penalti tirado por outro canario como Pedri.
La gente quería que lanzara Pedri el penalti y el pueblo manda!! 😜
— Teledeporte (@teledeporte) November 18, 2024
Perooo, es otro canario el que marca el gol. Yeremy Pino adelanta a España https://t.co/ieDzQWmPMh#SeleccionRTVE #NationsLeague pic.twitter.com/4Sur3eKOnj
Na segunda metade conseguiu empatar Suíza cun tanto de Monteiro, pero Bryan Gil, o xogador que entrou na lista pola lesión de Lamine Yamal, marcou o 2-1 a un cuarto de hora do final.
🤯Ni 10 minutos en el campo
— Teledeporte (@teledeporte) November 18, 2024
Gol de Bryan Gil, para volver a poner a España por delante #SeleccionRTVE #NationsLeague
➡️https://t.co/ieDzQWmPMh pic.twitter.com/FiO9PccbT5
Quedaba o máis entretino para o final. A cinco do remate, Fabián cometeu un penalti que non desaproveitou o suízo Andi Zeqiri para poñer o 2-2. E no engadido, o extremo do Osasuna Brian Zaragoza forzou outro penalti que el mesmo transformou no definitivo 3-2.