Publicador de contidos

Publicador de contidos

Mina e Goldar aseguran que a denunciante de agresión sexual consentiu a relación

Mina e Goldar aseguran que a denunciante de agresión sexual consentiu a relación

A sesión foi a porta pechada a pedimento do avogado da presunta vítima

G24.gal 28/03/2022 18:04

Os futbolistas Santi Mina e David Goldar aseguraron na vista oral que a denunciante dunha presunta agresión sexual consentiu os feitos que se xulgan, ocorridos en Mojácar, Almería, en 2017.

Esta primeira sesión rematou tras declarar os dous acusados, a presunta vítima e dúas das testemuñas. Foi a porta pechada a pedimento do avogado da denunciante, pero o resto de sesións, ata o xoves, vanse celebrar de xeito público.

A Fiscalía acusa a Mina de agresión sexual e pediu o sobresemento para Goldar, mentres que a acusación particular acúsaos a ambos de agresión sexual. Goldar, segundo a acusación particular, puido evitar a agresión, polo que o acusa de cooperador necesario.

Segundo o escrito da Fiscalía, sobre as 4:30 horas do 16 de xuño de 2017, Mina agrediu sexualmente a muller que estaba con Goldar nunha caravana estacionada preto dunha discoteca de Mojácar, malia a oposición dela.

Como consecuencia, a muller presenta, segundo o escrito, síntomas de ansiedade e depresión e a súa vida cotiá está moi afectada por un trastorno de estrés postraumático crónico.

O fiscal solicita unha pena de 8 anos de prisión por un delito de agresión sexual e unha orde de afastamento de 500 metros durante dez años, ademais de liberdade vixiada para o futbolista durante outros dez e o resarcimento económico que se fixe xudicialmente.

A acusación particular pide para ambos 9 anos e medio de cárcere e todas as medidas que solicita o Ministerio Público.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade