Publicador de contidos

Publicador de contidos

Milleiros de persoas piden en Madrid máis recursos para a sanidade pública

Milleiros de persoas piden en Madrid máis recursos para a sanidade pública

Prodúcese días antes da folga indefinida contra o modelo de urxencias de atención primaria proposto por Ayuso

Un momento da manifestación. EFE/Fernando Villar Un momento da manifestación. EFE/Fernando Villar
G24.gal 22/10/2022 18:49 Última actualización 22/10/2022 20:11

Varios milleiros de persoas manifestáronse este sábado no centro de Madrid para esixirlle á Comunidade de Madrid máis recursos para o sistema público de saúde, a mellora das condicións laborais do persoal sanitario e o aumento do financiamento.

Organizada por vinte e seis organizacións sindicais e cidadás, discorreu polas rúas da capital baixo o lema "Por unha sanidade madrileña pública, universal e de calidade". A marcha contou tamén co apoio de Más Madrid, PSOE, Podemos e IU.

A protesta, precedida por varias mobilizacións parciais, prodúcese días antes da folga indefinida anunciada a partir do martes polos sindicatos Satse, CCOO, Amyts, CSIT-UP e a UXT para parar o novo modelo de urxencias de atención primaria proposto polo executivo de Isabel Díaz Ayuso.

A presidenta da comunidade anunciou o xoves pasado na Asemblea de Madrid a apertura o día 27 de oitenta dispositivos de urxencias de atención primaria, que pasarán a chamarse Centros Sanitarios 24 horas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade