Cargando resultados...
Milleiros de persoas maniféstanse en Bruxelas contra as medidas anticovid
Os manifestantes expresaron o seu rexeitamento á posible obrigatoriedade de vacinación anticovid
G24.gal
06/12/2021 08:19
En Bruxelas unhas 8.000 persoas saíron á rúa para protestar contra as medidas sanitarias para a contención do coronavirus.
Os manifestantes expresaron o seu rexeitamento á posible obrigatoriedade de vacinación anticovid nun momento en que Bélxica presenta as taxas máis elevadas de incidencia acumulada durante pandemia, con 2.127 casos por 100.000 habitantes.
A manifestación desenvolveuse de xeito tranquilo, pero contra o final da marcha a policía activou os canóns de auga e usou gases lacrimóxenos contra un grupo que lanzou proxectís e fogos artificiais nunha das rúas próximas ás sedes do Consello e da Comisión da Europea.