Publicador de contidos

Publicador de contidos

Millán Mon: "O acordo do Mercosur pode supoñer unha grande oportunidade para Galicia"

Millán Mon: "O acordo do Mercosur pode supoñer unha grande oportunidade para Galicia"

O eurodeputado do PP fai un balance positivo dos 40 anos de adhesión europea: "Galicia estaba no furgón de cola e hoxe somos a novena comunidade autónoma"

Millán Mon cre que é preciso "reforzar a indepedencia e seguir defendendo o dereito internacional" ante o cuestionamento da tradicional política de alianzas por parte dos EUA

 

O eurodeputado do PP, Francisco Millán Mon, nunha entrevista este mércores no 'Bos días' da TVG
G24.gal 21/01/2026 11:29

Como un acordo "moi importante". Así define o eurodeputado do PP, Francisco Millán Mon, o tratado de libre comercio asinado entre a Unión Europea e os países que integran o Mercosur e que desatou unha vaga de protestas entre os traballadores do agro, xa que permitirá a entrada de alimentos producidos baixo normas e estándares de calidade diferentes ás europeas.

Millón Mon cre que este acordo pode supoñer "unha grande oportunidade para España e para Galicia" e contribuirá a reforzar as nosas políticas económicas e comerciais. Cre que a "excesiva política mediomabientalista dos últimos anos" acabou condicionando as negociacións da PAC e que estas restricións e a "excesiva burocracia" están no corazón das protesas".

Nunha entrevista no Bos días, o eurodeputado popular sinalou que "a protección dos nosos sectores e a apertura comercial non son incompatibles".

 "Galicia estaba no furgón de cola e hoxe somos a novena comunidade autónoma"

Francisco Millán Mon celebra o 40 aniversario da entrada de España na Unión Europea. asegura que supuxo "un feito histórico para Galicia", que contribuíu á nosa transformación económica  e á consolidación do noso réxime de liberdades. "Galicia estaba no furgón de cola e hoxe somos a novena comunidade autónoma", sinala, e acollemos a maior multinacional do mundo no sector téxtil e un sector da automoción "moi potente".

Segundo Millán Mon, a entrada de España na familia europea supuxo un "salto enorme" para Galicia, polo que o balance que fai do noso ingreso na Unión non pode ser outro que "positivo".

"Os europeos temos que profundar na nosa autonomía"

Na entrevista, o eurodeputado popular referiuse á situación política internacional, cunha administración norteamericana "poñendo en cuestión formulacións básicos e alianzas tradicionais".

A xuízo de Millán Mon, os europeos "temos que profundar na nosa autonomía, fortalecer a nosa seguridade e seguir defendendo o dereito internacional" e "reforzar o poder a e indepedencia" ante este tipo de desafíos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade