Publicador de contidos
Publicador de contidos

Miku saca o Arenteiro do descenso cun gol no minuto 97

Miku saca o Arenteiro do descenso cun gol no minuto 97

Importante vitoria dos do Carballiño diante do Sestao (1-0)

G24.gal 15/10/2023 23:29

O Arenteiro sumou tres puntos ante un rival directo pola permanencia e sae dos postos de descenso. O equipo do Carballiño impúxose ao Sestao por 1-0 grazas a un gol de Miku no minuto 97.

Os dous equipos tomaron moitas precaucións, non querían ofrecer ningunha concesión ao rival e perder o encontro. Iso deixounos un partido con ocasións contadas e case sen remates entre os tres paus. 

O protagonista foi o dianteiro venezolano Miku. Javi Rey sempre o mantén no campo para partidos coma este. Primeiro pediu un penalti na área do conxunto vasco e no último intre do engadido tirou proveito dun centro de Chacón para marcar cunha boa manobra. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar