Publicador de contidos

Publicador de contidos

Miguel Román renova co Celta: "É un orgullo para min e para toda a miña familia"

Miguel Román renova co Celta: "É un orgullo para min e para toda a miña familia"

O de Gondomar fixo unha campaña brillante ás ordes de Fredi Álvarez, con 34 partidos, 4 goles, 6 asistencias e máis de 3.000 minutos sobre o terreo de xogo

Foto Celta Foto Celta
G24.gal 15/08/2025 13:14 Última actualización 15/08/2025 17:07

O Celta segue apostando forte pola canteira coa renovación de Miguel Román, unha as novas promesas do filial celeste. O xogador continuará vinculado ao club durante as próximas tres tempadas.

"Renovar co Celta é un orgullo para min e para toda a miña familia, quería ser futbolista desde pequeno", foron as súas primeiras palabras

Tras unha campaña brillante ás ordes de Fredi Álvarez, con 34 partidos, 4 goles, 6 asistencias e máis de 3.000 minutos sobre o terreo de xogo, o de Gondomar logrou debutar co Celta en Copa do Rei fronte ao San Pedro a finais do pasado outubro e entrar na súa primeira convocatoria de liga aos poucos meses.

Agora, e despois dunha gran pretemporada cos de Claudio Giráldez, o centrocampista parece asentado na dinámica primeiro equipo e convértese así no undécimo xogador do filial que dá o salto á elite nos últimos meses.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar