Publicador de contidos

Publicador de contidos

Miguel Rodríguez: "Hai que crer, confiar e soñar con este equipo"

Miguel Rodríguez: "Hai que crer, confiar e soñar con este equipo"

O canteirán olívico atendeu ao Galicia en goles tras o seu debut goleador en Primeira

G24.gal 08/04/2023 11:00 Última actualización 08/04/2023 11:15

O Ramón Sánchez Pizjuan enmudeceu en apenas cinco minutos. Os que separaron o gol de Miguel Rodríguez do de Gonçalo Paciencia, que supoñía o empate no marcador no tempo de desconto. Nun partido en que xogou con superioridade gran parte do mesmo, e no que foi inferior, ao rival, o Celta conseguiu rescatar un punto gracias o empuxe dos últimos minutos personificados no canteirán, que atendeu a Radio Galega na zona mixta do estadio sevillano.

"É o primeiro partido nesta temporada, e facelo cun gol é incrible. Hai que crer e seguir puntuando e facendo bos números. Hai que seguir soñando. Ata que o árbitro non pite o final non remata o encontro. O gol vai para a xente que está comigo. Gabri Veiga son palabras maiores agora mesmo. Eu o que teño é que traballar o máximo que teño e cando chegue a oportunidade aproveitala. Eu son xogador do B, vou encantado".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar