Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PSdeG só votará en primarias en Ferrol, tras presentarse un único candidato en Lugo, Ourense, Pontevedra e Santiago

O PSdeG só votará en primarias en Ferrol, tras presentarse un único candidato en Lugo, Ourense, Pontevedra e Santiago

O portavoz socialista en Lugo, Miguel Fernández, asegura que inicia o proceso para recuperar o proxecto de goberno tras a moción de censura 

Iván Puentes foi o único candidato que deu o paso para liderar a candidatura socialista en Pontevedra

Miguel Fernández, exalcalde de Lugo, preséntase ás primarias do PSdeG (Foto Arquivo / Carlos Castro / Europa Press) Miguel Fernández, exalcalde de Lugo, preséntase ás primarias do PSdeG (Foto Arquivo / Carlos Castro / Europa Press)
G24.gal 03/07/2026 11:25

O portavoz do grupo municipal socialista no Concello de Lugo Miguel Fernández rexistrou este venres a súa candidatura para concorrer ás primarias do PSdeG co obxectivo de optar á Alcaldía da cidade. 

Fernández cualificou este paso como o inicio do proceso para recuperar o proxecto transformador interrompido tras a moción de censura que o pasado mes de maio o apartou da Alcaldía. 

O candidato afirmou que afronta esta estapa con máis ganas que nunca e pediu de novo a confianza da militancia socialista. Ademais, asegurou que o seu obxectivo é presentar á cidadanía un proxecto de cidade centrado na mellora dos servizos, o emprego, a vivenda e a calidade de vida da veciñanza. 

Unha vez remate o proceso interno do partido, Fernández aspira a ser o candidato do PSdeG nas próximas eleccións municipais en Lugo. 

Iván Puentes repite en Pontevedra

​​​​​​O actual portavoz socialista en Pontevedra, Iván Puentes, repetirá como candidato do PSOE nas eleccións municipais de 2027.

Puentes, que rexistrou este venres a súa candidatura para presentarse ás primarias, foi o único candidato que deu o paso para liderar a candidatura socialista.

Ao pecharse o prazo de presentación de propostas sen máis aspirantes, o edil convértese oficialmente no candidato aos próximos comicios locais.

"Hoxe é un día de tremenda ilusión e tamén de moita responsabilidade", explicou Iván Puentes, para quen as próximas eleccións serán transcendentes ao presentarse un escenario profundamente aberto.

Sostivo que as enquisas apuntan a unha tendencia clarísima á alza do PSOE, que obtivo cinco edís nas eleccións de 2023, un partido ao que identificou como a única opción viable para que Pontevedra siga avanzando.

Só haberá primarias en Ferrol 

O PSdeG só celebrará primarias en Ferrol, onde competirán Ángel Mato e a exconcelleira Eva Martínez para optar á candidatura socialista. 

Nas restantes cidades galegas presentouse un único aspirante, polo que Miguel Fernández en Lugo, Natalia González en Ourense, Iván Puentes en Pontevedra e Pedro Blano en Santiago serán proclamados candidatos unha vez remate o proceso interno previsto no regulamento do partido 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade